CRTVG

Buscar

40 anos de democracia en España

Publicado o 06/12/2018 15:05

A historia da transición española botaba andar encabezada por Adolfo Suárez, coas primeiras eleccións democráticas de 1977. E non ía ser tarefa doada. España debía afastarse rapidamente da ditadura. Había que construír as primeiras regras do xogo. A Lei para a reforma política foi o primeiro paso.

A constitución do 78 era a primeira que se redactaba coma tal desde a republicana de 1931 e foi a primeira de toda a historia española que se elaborou co consenso das forzas políticas do país.

Aquel 6 de decembro de hai 40 anos o tempo non acompañaba, pero moitos cidadáns fixeron para votar. Cada un cargado coas súas razóns. Case 18 millóns de persoas votaron no referendo. Os españois dixeron si e apoiaron a Constitución.

A Constitución de 1978 permitiu o período máis longo de democracia na historia do noso país. xo posible a sucesión na xefatura do Estado e a alternancia de partidos de distinto signo en todas as instancias de poder.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018