40 anos de autonomía: o Parlamento inicia unha lectura do Estatuto
Publicado o 01/10/2021 16:33

O Parlamento de Galicia continúa cos actos de conmemoración do 40 aniversario do Estatuto de Autonomía de Galicia.
Dende o Pazo do Hórreo convidaron personalidades das institucións e das entidades sociais, académicas e culturais da nosa comunidade a ler os artigos do Estatuto para a súa posterior difusión a través da páxina web do Parlamento.
O encargado de ler o artigo 1 da carta autonómica foi a presidente da Xunta de Galicia.