CRTVG

Buscar

40 aniversario do traslado do Guernica de Nova Iork a España

Publicado o 10/09/2021 21:30

Hoxe cúmprense 40 anos do traslado do Guernica de Picasso a España. O cadro, encargado polo Goberno republicano ao artista en 1937, levaba catro décadas exposto no MoMA de Nova York, por expreso desexo do autor. O 10 de setembro de 1981 o lenzo viaxou nun avión regular, sen que os pasaxeiros nin parte da tripulación o soubesen. Dúas as azafatas daquel voo contaron hoxe a experiencia de traer a España o que algúns chaman "o último exiliado da Guerra Civil".

Beatriz Ganuzza, azafata do voo que trasladou o Guernica, "cando chegamos a terra o comandante anunciou que traiamos o Guernica con nós. E nese momento houbo unha grande ovación e moitos aplausos no avión"

Isabel Almazán, azafata do voo que trasladou o Guernica, "o máis emocionante foi cando abrimos as portas e había tanta xente esperándonos, incluídas moitas autoridades. Nese momento fomos conscientes do grande acontecemento que estabamos vivindo"

Noticias web

10/09/2021