40.000 desprazados e 200 mortos palestinos tras unha semana de enfrontamentos
Publicado o 17/05/2021 20:41

Fai unha semana de enfrontamentos entre Israel e as milicias palestinas sen unha tregua á vista. A pasada madrugada, a ofensiva hebrea seguiu castigando a infraestrutura subterránea de Hamas na faixa de Gaza. Xa van 10 israelís e máis de 200 palestinos mortos, incluídos 59 nenos. Nacións Unidas cifra en 40.000 os gazatís desprazados.
O continxente español no Líbano está en alerta ante a escalada de violencia na rexión e as mobilizacións populares en solidariedade cos palestinos.