CRTVG

Buscar

4.750 mortos nas residencias de maiores madrileñas nun mes

Publicado o 08/04/2020 20:53

O Goberno rexional de Madrid puxo en marcha un plan para revisar as 500 residencias de maiores da comunidade. 306 centros xa están inspeccionados e 176 foron desinfectados, tanto polos organismos rexionais como pola Unidade Militar de Emerxencias. Entre o 8 de marzo e o 8 de abril morreron en residencias madrileñas 4.750 persoas, dos que 781 tiñan coronavirus e o resto presentaban síntomas.

A situación médica dos hospitais vai mellorando pola recuperación de moitos pacientes, como este home de 90 anos. Baixan os ingresos e aumentan as altas, co que se alivia a presión asistencial.

O Concello da capital habilitou un hotel para aloxar persoas dependentes que quedaron soas e dous para enfermos asintomáticos. Tamén está ofrecendo levar cadáveres incinerar a Ponferrada ou Burgos pola saturación dos fornos crematorios da cidade.

Noticias web

08/04/2020