Carreira baixo a escuma pola inclusión das persoas con diversidade funcional
Publicado o 23/10/2021 22:45
A carreira Enki da Coruña foi a escusa perfecta para xogar coma nenos. Catro mil persoas vestíronse para a ocasión e tiraron de risas e de bo humor para superar cada un dos obstáculos do percorrido.
Enki é inclusión e diversión en estado puro. E ademais tamén é apta para todos, menos para os que sofren emporcando a roupa. E é que durante a proba hai un baño de escuma, outro de auga e un terceiro de fariña.
Participar disfrazado é unha norma non escrita da carreira Enki, que desde 2014 apoia a inclusión das persoas con diversidade funcional a través do deporte.