CRTVG

Buscar

4.000 inmigrantes ilegais chegaron a España en xaneiro, o triplo ca no mesmo período do ano pasado

Publicado o 04/02/2019 12:42

A chegada de inmigrantes irregulares a España por mar no mes de xaneiro triplicouse con respecto ao mesmo período do ano anterior. Segundo os datos do Ministerio do Interior, en xaneiro de 2019 chegaron ás costas españolas máis de 4.000 inmigrantes ilegais, fronte aos 1.300 que chegaron en xaneiro do ano pasado. No que respecta á vía terrestre, a chegada de inmigrantes descende un 35 por cento.

Noticias web

04/02/2019