CRTVG

Buscar

4.000 citados en Cangas a un cribado con PCR para detectar asintomáticos

Publicado o 10/04/2021 14:50

É o cuarto cribado que se fai en Cangas, os asistentes xa coñecen o protocolo: lectura de código QR, toma de datos e toma de mostra nasofarínxea co hisopo. A falta dos efectos da semana santa nesta vila tan turística e con tan bos areais, a evolución da pandemia semella contida en Cangas.

Entre os asistentes atopamos algún que xa leva dez PCR e outros, como Ángel, que fai a primeira malia traballar nunha farmacia de Vigo.

A maioría son conscientes do importante que é participar nos cribados

A previsión é que segundo os actuais datos as restricións baixen, os hostaleiros poderán empregar o 50 por cento dos interiores e o 70 por cento das terrazas a partir do luns.


 

Noticias web

10/04/2021