CRTVG

Buscar

39 de máxima en Galicia e 3 de mínima, os dous datos rexistrados en Ourense

Publicado o 14/08/2021 20:52

Con esta calor, difícil atopar xente en Ourense a primeira hora da tarde.
Ata os 39 graos subiron, un día máis a máxima de Galicia. Así, moitos pasaron as horas centrais do día metidos nas casas e outros fuxiron ao fresco das aldeas ou d a costa e os que saíron...

Os máis sufridos, os turistas, que malia o sol que queimaba non deixaban de traballar.
Aquí non chegamos aos 47 graos deste sábado no sur de España pero a calor foi xeralizada en case todo o interior de Galicia, con aviso amarelo por temperaturas superiores aos 36 graos en Valdeorras, o Miño e o sur de Ourense e o sur de Lugo.

Contrastan moito estas temperaturas máximas coa mínima, rexistrada tamén na provincia de Ourense, tres graos só en Calvos de Randín, a máis baixa de toda España.

Noticias web

14/08/2021