CRTVG

Buscar

Máis de 30 provincias teñen activos avisos por neve, vento, chuvia e fenómenos costeiros

Publicado o 14/11/2019 21:56

As maiores incidencias deste temporal está deixándoas a neve. En Asturias e na provincia de León está activo o aviso está no máximo nivel que é o vermello. Hai problemas para circular na autovía que enlaza Oviedo con León. Tamén nesta provincia hai que extremar a precaución na A-6, a autovía que vai da Coruña a Madrid. O mesmo ocorre na pronvicia de Zamora coa autovía A-52, que une Vigo coa capital.

Máis problemas está a causar a neve na rede viaria secundaria, hai treitos pechados en oito estradas.
A DXT recomenda non circular desde esta medianoite por Asturias e a provincia de León porque hai risco de que as nevadas alcancen os 40 centímetros.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019