CRTVG

Buscar

A vendima empeza por fin no Ribeiro con moita uva e de calidade

Publicado o 16/09/2019 16:35

Primeira xornada de actividade intensa na Cooperativa do Ribeiro Viña Costeira. Comezan a recibir a uva de castes autóctonas procedentes dos seus 400 socios. Din que a uva está moi sa e con moito grao. Os viticultores falan dunha boa colleita pero comezan a vendima pendentes do tempo.

Dende o Consello Regulador falan de que por fin este ano no Ribeiro, a denominación de orixe máis antiga de Galicia, pódese falar de moi boa calidade e tamén cantidade.

Nas leiras propias de Viña Costeira, 50 vendimadores afánanse en recoller a uva. Este ano din que agardan aumentar e producir un 35%, e só na cooperativa recollen máis de 4 millóns de quilos.

No conxunto da Denominación de Orixe do Ribeiro, segundo as primeiras estimacións, falan de que este ano poidan superar os 12 millóns que quilos, mellorando a produción dos últimos tres anos. O tempo deste verán, din, fará que sexa unha vendima máis irregular e que se alongará ata finais deste mes.

Noticias web

16/09/2019