CRTVG

Buscar

357 cidadáns xuran ou prometen a bandeira no Xoán Carlos I en Vigo

Publicado o 30/06/2019 14:58

Coa ría de Vigo de fondo, 357 cidadáns que previamente o solicitaran, prestaron xuramento ou promesa ante a bandeira de España. Na cuberta de voo, máis de mil persoas entre autoridades, familiares, a banda de música da escola Naval Militar de Marín e a Compañía de Honores.

Carlos Cárdenas Crespo. Comandante naval de Vigo. "Nunca imaxinas que a resposta da xente ía ser como foi porque en tres semanas chegamos ao máximo da xente que se podía apuntar. A xustificación destes actos é achegar o exército á sociedade. É bo que a xente xure e en concreto a min prodúceme unha grande alegría que a xente teña tanto interese".

Unha vez que o almirante da frota, Manuel Garat, pasou revista, e que se instalaron no centro da cuberta de voo dúas bandeiras de España os dous grupos de xurandos civís, case a metade mulleres, comezaron a xura. Para case todos os homes este era o seu segundo xuramento, anos despois de licenciarse no servizo militar obrigatorio.

Batería de insertos de xurados

Coas bandeiras do terzo norte e da escola naval militar presidindo o acto chegaron ao final coa homenaxe aos caídos, aos militares falecidos en misións do exército español. Soaba "A morte non é o final".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/06/2019