O Supremo ratifica a condena de 35 anos para un veciño de Friol por violar o fillo
Publicado o 11/03/2019 12:20
O Tribunal Supremo ratifica a condena de 35 anos de prisión imposta polo Tribunal Superior de Xustiza ao veciño de Friol por violar o seu fillo. Declara tamén como firme a obriga de indemnizar con 70.000 euros as vítimas.
O home foi condenado no 2017 polos delitos de agresión sexual e de violencia psíquica no ámbito familiar. O Tribunal considera probado que o home sometía o seu fillo a vexacións sexuais en contra da súa vontade e que incluso chegou a violalo.
Tamén recoñece a agrexión sexual a dous dos amigos do seu fillo. Os tres eran menores de idade cando sucederon os feitos, no ano 2015. A día de hoxe, presentan importantes secuelas psicolóxicas.