CRTVG

Buscar

35 agresións sexuais múltiples no que vai de ano en España

Publicado o 20/07/2019 17:04

125 agresións sexuais multiples cometéronse en España desde o ano 2016. Segundo os datos do proxecto Xeoviolencia sexual, un de cada catro agresores eran menores de idade. A prevención deste tipo de delictos é unha das cuestións que se está a tratar no Congreso da Asociación Europea de Psicoloxia e Lei, que se celebra esta fin de semana en Santiago.

A idade media dos condenados por agresións sexuais múltiples é de 26 anos, segundo revela un estudo recente da Unidade de Psicoloxía forense da Universidade de Santiago.

Co ultimo caso de Barcelona, son 35 as agresións sexuais multiples cometidas en España no que vai de ano.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019