A ONCE prepara os profesores para axudar no novo curso a 342 estudantes cegos en Galicia
En Galicia os estudantes cegos son 342, e asisten con normalidade aos centros ordinarios. E no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra vemos conectados unha vintena de mestres especializados, mestres que prestan apoio aos alumnos afiliados á ONCE que están en colexios ordinarios.
E agora etanse preparando cun curso para prestar tamén ese apoio na escola dende a casa. Estudan todo o relacionado con tecnoloxía e accesibilidade para persoas con discapacidade visual. A idea é que os mestres aprendan a responder na escola dixital.
"E por outro lado que esa formación chegue aos mestres e ás familias".
Maneiras de que os cegos preparen a entrada na escola dixital e na escola física.
"A sensación do aire na cara indícanos se temos un obstáculo diante, e a máscara prívanos diso".
A comunicación con mestres e compañeiros será fundamental na mobilidade tanto na escola coma na escola dixital. E que aprendan tamén os nenos e as familias.