CRTVG

Buscar

34 graos de máxima en Galicia tras un comezo de verán moi revolto

Publicado o 09/07/2021 20:33

Despois de termos un tempo moi revolto dende o inicio do verán, por fin xa temos temperaturas propias do mes de xullo. Para o mañá e o domingo subirán aínda máis, ata 34 graos dan aquí na cidade de Ourense. Sol para gozar da estación das vacacións por excelencia e calor, iso si non tanta coma no resto de España onde boa parte do Estado estará en aviso por altas temperaturas que nalgúns puntos poden superar os 43 graos.

Había moitas ganas dun baño.E é que para algúns esta era aínda a súa primeira molladura do ano.Despois da choiva e o frio dos últimos días, non as tiñan todas consigo.

Esta fin de semana xa si poderemos gozar da praia, do río... dos clásicos da estación máis hedonista.

A máxima de Galicia rexistrouse hoxe na Arnoia, 34 graos, mañá subirán máis os termómetros pero libraremos da vaga de calor que están a aturar no resto do Estado.
 

Noticias web

09/07/2021