CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

34 emigrantes acolléronse ás axudas para retornados, no último ano

Publicado o 16/05/2018 15:02

34 emigrantes galegos acolléronse no último ano ás axudas da Xunta para retornados emprendedores. O obxectivo da Administración é traer talento de volta a Galicia e aproveitar a experiencia que adquiriron no exterior.

Iago Novoa ten 35 anos, a idade límite que se marcara para retornar a Galicia tras unha experiencia laboral en Irlanda. Volveu antes do previsto para emprender, con dous socios, un proxecto de deseño e arquitectura en Ourense.

No último ano, 34 persoas acolléronse ás axudas do Retornado Emprendedor, que conceden ata un máximo de 10.000 euros para poñer en marcha un negocio en Galicia.

Actualmente, hai máis de medio millón de galegos polo mundo adiante, a maioría fillos e netos de emigrantes. O obxectivo da Xunta é que 20.000 retornen de aquí a 2020.