CRTVG

Buscar

33 sancións no Grove durante a fin de semana por incumprir o peche perimetral

Publicado o 12/04/2021 14:35

A Policía Local do Grove desprega controis e para vixiar o cumprimento do peche perimetral. So na mañá do domingo impuxeron 21 propostas de sanción, 33 durante toda a fin de semana.

"Xente dos concellos limítrofes, había xente de Ferrol, de Vigo, pero o 90 por cento da xente era de aquí. Mesmo collimos dúas persoas que eran de fóra de Galicia", explica Francisco Candal, xefe da Policía Local do Grove.

Dende o pasado xoves so se pode entrar e saír do Grove por causa xustificada pero os infractores empregan todo tipo de excusas, como explica unha veciña da localidade: "Como que a Toxa non pertence ao Grove, e cousas así. Cada un busca a forma de pasar, e cando vemos que non hai controis pois pasamos".

Polo que hai veciños que ven con bos ollos que se intensifique a vixilancia: "Moi ben porque están pasando cousas que non deberían de pasar. Hai xente moi imprudente".

Durante a fin de semana os axentes tamén visitaron supermercados e establecementos comerciais do municipio, para ver se se cumpría a ocupación máxima permitida, sen ter que impoñer neste caso ningunha proposta de sanción.

Noticias web

12/04/2021