CRTVG

Buscar

Redada antidroga con 32 detidos e a incautación de cinco toneladas de cocaína

Publicado o 08/06/2019 13:44

A Policía Nacional, a Garda Civil e a Axencia Tributaria desmantelaron unha rede de narcotraficantes que introducía cocaína en colectores a través do porto de Alxeciras. A operación desenvolveuse en tres fases, nas que tamén se interviñeron 43 vehículos, 87 propiedades inmobiliarias, 4 embarcacións de gran potencia, 6 armas e 6 millóns de euros en efectivo.

A organización criminal estaba asentada en Cádiz e Sevilla e desde 2017 víñaselle seguindo a pista, tiña entramados en Barcelona, o Brasil e outros puntos de España e de países centroamericanos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/06/2019