CRTVG

Buscar

32 detidos en Tarifa nunha operación contra o narcotráfico

Publicado o 22/09/2019 14:23

As redes de narcotráfico exploran novos métodos para introducir droga en España, pero non sempre teñen éxito.

A Garda Civil desartellou unha banda que fondeaba haxix fronte á costa de Tarifa. Almacenaban a droga baixo a auga e despois recollíana en embarcacións deportivas para traela ata terra. Os axentes detiveron 32 persoas, incautáronse de dúas toneladas de haxix, de tres barcos e cinco coches.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/09/2019