CRTVG

Buscar

32 concellos non teñen casos de covid, como San Amaro, desde abril sen positivos

Publicado o 19/01/2021 14:33

"Veñen ao médico, ou á farmacia, ou ao banco, ou compras tamén, que temos supermercados, asegura a farmacéutica de San Amaro.

Son as actividades esenciais que realizan os veciños de San Amaro, na provincia de Ourense. É un dos poucos concellos galegos que se mantén libres de casos de coronavirus desde o mes de abril.

"Pois é unha boa cousa, porque estamos invadidos por este virus. Hai que tratar de evitar as reunións e a convivencia con persoas que son non familiares e iso todo". "Procurar non saír moito e se saes cos máscaras", seguran os veciños.

Teñen claras as normas e aplicánas. Un dos bares pechou pola actual situación e no outro, din que por seguridade, non nos deixaron entrar, pero pouca xente dentro, e todos con máscaras.

"Ao ir coa máscara entras no local, ou tomas un café ou fas a compra e saes, non te podes parar moito máis".

Tamén na residencia de maiores de San Amaro non houbo ningún caso positivo desde o comezo da pandemia.

"Eu teño unha tía aí na residencia e está moi ben e de momento non ha ningún caso". "Aquí é fácil levalo ao haber tan pouquiña xente, non hai tanto contacto coa xente", contas outros dous veciños.

Neste caso o despoboamento tamén axuda a que haxa menos interación social. Na Viriña na aldea de Paco só el e outros tres veciños.

"Eu, de feito, non saio de aquí, só ao máis necesario, explica Paco.

Cada vez quedan menos concellos en Galicia sen positivos pola covid, en total 32 son os que aínda non rexistraron casos nos últimos 14 días. A maioría están nas provincias de Ourense e Lugo. 17 municipios na provincia de Ourense seguen sen contaxios, 14 na provincia de Lugo. En Pontevedra só queda Fornelo de Montes libre de cornavirus e na Coruña todos os seus concellos xa rexistraron algún caso nos últimos días.

Noticias web

19/01/2021