Veciños, granxas e negocios do Corgo e Lugo quedan sen luz 5 horas
Durante cinco horas, máis de trescentas vivendas e empresas quedaron onte á tarde sen luz en varias parroquias do Corgo e Lugo; un apagamento que supuxo cuantiosas perdas, sobre todo para os negocios e as explotacións gandeiras afectadas, onde tamén sufriron a falta de luz as vacas, que botaron horas sen as poder muxir.
Estas vacas pasárono moi mal onte. Cargadas de leite, tiveron que esperar horas e horas a que as muxiran porque a granxa quedou sen luz.
"Tolean porque non é só a muxidura, non hai auga, todo vai con bombas e están sufrindo bastante tempo".
Roberto cóntanos que os cortes de luz na zona son frecuentísimos, malia estar a dez minutos do centro de Lugo. Ao ter a granxa robotizada, non pode depender dunha subministración que, segundo di, falla tanto. Así que tivo que investir nun grupo electróxeno. Preciamente estanllo instalando hoxe. Non se poden asumir constantemente perdas como as de onte.
Roberto non é o único prexudicado polos cortes de luz. Nesta fábrica de xamóns tamén lles supón moita perda.
Os veciños chamaron varias veces á compañía queixándose. Quéixanse de que os cortes son frecuentes e de que despois a compañía non indemniza razoablemente.