CRTVG

Buscar

31 graos de temperatura máxima hoxe en Ourense

Publicado o 27/05/2021 20:33

27 de maio. Ourense cidade. 31 graos ás seis da tarde segundo Meteogalicia.
Moita calor cando faltan máis de tres semanas para o verán, pero con isto do tempo, xa se sabe, hai para todos os sentires, a uns sóbralles a roupa toda e a outras fáltanlles graos.
Altas temperaturas pola tarde, pero as noites e as mañanciñas son frescas.
Ourense acada un día máis a temperatura máxima de Galicia e a mínima moi baixa de 2 graos e medio en Calvos de Randín, tamén nesta provincia.
Estas máximas e mínimas acadadas en Ourense están tamén nos récords do día de hoxe en España.

Noticias web

27/05/2021