CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

300 escolares participaron no concerto didáctico 'Heroes e viláns musicais'

Publicado o 07/03/2017 14:28

300 escolares participaron no concerto didáctico 'Heroes e viláns musicais'. O obxectivo é fomentar a música entre os máis cativos. Primeiro prepararon unha unidade didáctica no colexio e xa no concerto os rapaces interactuaron.

Os rapaces entraron no conservatorio superior de música ao ritmo de Rocky. Son 300 escolares que participan no concerto didáctico 'Heroes e viláns musicais'. Deste xeito queren fomentar a música entre os máis cativos.

No colexio preparan unhas unidades didácticas que tratan sobre o concerto. Hai un presentador que vai interactuando cos rapaces, facéndolles preguntas e que eles van contestando. A temática versa sobre heroes e heroínas.

Os rapaces escoitaron música de bandas sonoras de películas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí