CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

30 universidades españolas presentan conxuntamente a sua oferta en Unitour

Publicado o 15/12/2015 15:22



Graos, másters, graos dobres... Un estudante de bacharelato ten máis de cinco mil opcións para escoller. Para axudarlles a tomar a decisión máis de 30 universidades españolas organizan xornadas coma a que hoxe se celebra en Vigo.

Máis de mil aspirantes a universitarios pasarán hoxe por este vestíbulo do Pazo de Congresos de Vigo para telo todo máis claro con vistas a unha decisión que terán que tomar en breve.
"Vin buscando un grao en Medicina...."
Para simplificarlles a busca os organizadores do salón Unitour xuntan nun mesmo espazo máis de 30 universidades e centros de ensino superior de toda España.
"Con tantas opcións...
Informan sobre contidos, notas de corte ou saídas profesinais, e tamén de servizos como residencias ou axudas de estudos. Pero en última instancia a decisión haberá que tomala na casa.
"Todos pintan moi bonito... pero con meus pais verei logo as cousas que ofrecen."
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí