30 detidos en Vigo nunha operación contra o tráfico de drogas favorecida pola colaboración cidadá
Publicado o 27/07/2021 15:15

A colaboración veciñal foi clave para desartellar un punto negro de venda de drogas en Vigo que acabou con 30 detidos. Os principais investigados forman parte dun clan familiar dirixido por unha nai e dous fillos que presuntamente se dedican á venda de substancias estupefacientes.
O movemento constante de toxicómanos pola zona causou a alarma social. Ademais da familia, había outras persoas que supostamente custodiaban a droga e tamén a distribuían.
Nos rexistros, os axentes atoparon armas que empregaban para dominar o mercado da droga. Os detidos, que xa pasaron a disposición xudicial, quedaron en liberdade con cargos.