30 anos de fotografías de Xoán Piñón
Publicado o 27/11/2019 14:25
Un repaso a algunhas das series en que traballou o músico e fotógrafo coruñés. Non se trata dunha retrospectiva, máis ben dunha selección de 9 series. Van desde O Coruel, ao que viaxou 10 outonos consecutivos, as primeiras imaxes analóxicas en branco e nego coloreadas; retratos; ou outras xa da era dixital máis experimentais ou arquitectónicas.
Comprende un total de 139 imaxes en diversos formatos. Pódese visitar no Kiosco Alfonso, da Coruña, ata o 19 de xaneiro de 2020.