3.000 veciños de Curtis seguen sen auga por unha vertedura de xurro
Publicado o 01/10/2021 16:28
Unha vertedura de xurro deixou os veciños de Curtis e de Texeiro sen subministración de auga potable. Afecta uns 3.000 veciños deste concello do interior da provincia da Coruña.
Os últimos datos, as última analíticas, sinalan que o nivel de amonio está no 1,5, onte era practicamente o dobre. A situación podería empeorar en caso de que chova. Sae auga da billa, pero non é apta para o consumo humano. Iso si, dispoñen de seis camións cisterna, tres en Curtis e outros tres en Teixeiro, un deles ao pé do concello.