CRTVG

Buscar

Sanidade eleva a 309 os falecidos por coronavirus e a 9.191 os contaxiados en toda España

Publicado o 16/03/2020 13:43

En España 309 persoas faleceron por coronavirus, hai 9.191 contaxiadas pola enfermidade, case 1.500 máis que o domingo, e 3.215 delas están hospitalizadas, segundo os datos facilitados ás 13.00 horas polo Ministerio de Sanidade.

O comunicado de Sanidade indica tamén que 432 persoas están en unidades de coidados intensivos, dos que máis do 50 % (253) están na Comunidade de Madrid.

Madrid segue sendo a comunidade que contabiliza un maior número de contaxios, con 4.165, seguida de Cataluña (903), País Vasco, (630) e Castela-A Mancha (567).

Segundo o Ministerio, 530 pacientes contaxiados polo  COVID-19 foron dados de alta.