CRTVG

Buscar

293 casos activos e un falecido nas residencias galegas

Publicado o 20/10/2020 21:15
293 casos activos e un falecido nas residencias galegas

Nas residencias galegas hai hoxe 293 casos activos de covid-19 e un falecido que era usuario da residencia Os Gozos do Pereiro de Aguiar. Nesta residencia tamén se rexistraron 2 novos positivos. É o centro que ten máis casos activos con 159. Nas últimas horas detectáronse 4 positivos máis. Foi na residencia Ballesol de Oleiros.

Por outra banda, hoxe soubemos que a Comisión Europea iniciará unha investigación preliminar sobre a situación das residencias privadas en Galicia durante a pandemia. Faino tras a denuncia presentada por Esquerda Unida.

Noticias web

20/10/2020