CRTVG

Buscar

290 mortos nos atentados de Sri Lanka, que o Goberno atribúe a un grupo islamista local

Publicado o 22/04/2019 21:08

O último balance fala xa de 290 mortos e máis de 500 feridos nos atentados de Sri Lanka. Foron varios ataques simultáneos en distintos puntos do país, contra tres hoteis na capital e contra tres igrexas cristiás, en pleno Domingo de Pascua. Preto dunha desas igrexas, na capital, estoupou este luns unha furgoneta cargada de explosivos.

O Goberno de Colombo atribúelles os atentados a terroristas suicidas dun grupo islamista local relacionado co xihadismo. O que se investiga é se tiveron axuda dunha rede internacional, e incluso se houbo fallos na seguridade, porque o Executivo admite que o pasado 11 de abril recibira información sobre atentados inminentes no país.

De momento, as autoridades confirman que hai 24 persoas detidas, relacionadas cos atentados. O Goberno de Sri Lanka decretou estado emerxencia.

Noticias web

22/04/2019