CRTVG

Buscar

29 artistas expoñen na Feira de Artes Plásticas da Coruña

Publicado o 17/07/2019 13:18

Na Coruña, as artes plásticas enchen os céntricos xardíns de Méndez Núñez. Alí, 29 artistas expoñen as súas obras, que están a levantar bastante expectación. Quen queira adquirir unha das pezas pode facelo ata o 21 de xullo e a partir de 50 euros.

Estes artistas sacan a súa arte á rúa. Aquí expoñen unha morea dos seus cadros e esculturas de moi diferentes estilos e técnicas.

"Eu a esta feira traio traballos dos tres últimos anos...". "Quixen traer as pinturas que fago da Coruña, que para min é a cidade máis fermosa do mundo...".

Son moitos os que se deteñen a contemplar todas estas obras, e algúns mesmo se atreven a pedirlles a estes artistas os seus particulares caprichos.

"Hai xente que pide que lle pintemos a súa casa, unha paisaxe en concreto...".

Nestes primeiros días da feira, o público en xeral dedícase a observar e a preguntar prezos.

"Primeiro miran, porque queren comparar...". "Nós somos as más baratas, entre 45 e 350 euros".

Este feira, que nesta edición fai xa a maioría de idade, permanecerá aberta ata o domingo 21 de xullo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019