285 persoas están nestes momentos afectadas en Galicia polo coronavirus
• Dos 292 casos que se rexistraron, catro persoas foron dadas de alta e tres faleceron

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 285, deles 84 son da área da Coruña, 26 da de Lugo, 32 da de Ourense, 37 da de Pontevedra, 49 da área de Vigo, 50 da de Santiago, e 7 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 9 permanecen en UCI, 52 están en unidades de hospitalización e 224 no domicilio.
Polo de agora en Galicia, rexistráronse 4 altas de pacientes e 3 falecementos. O número de PCR realizadas é de 2.099.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten á disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.gal), en que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Así mesmo, o departamento sanitario galego ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116, que vén de ser reforzado con máis persoal, para dar información xeral sobre o coronavirus.
Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Recomendacións