CRTVG

Buscar

28 mortos en accidentes de tráfico en abril nas estradas galegas

Publicado o 15/04/2019 12:40

A operación especial de Tráfico da Semana Santa ábrese en Galicia cun morto na primeira fin de semana. Nese accidente, un home de 38 anos morreu e outro quedou ferido. O ano pasado houbo tres falecidos, e no que vai de 2019 perderon a vida 28 persoas nas estradas galegas. 

O coche saíu da estrada e foi bater contra o muro dunha casa e un poste da luz de cemento nunha das baixadas á praia de Aguete. Os bombeiros do Morrazo tiveron que sacar os ocupantes do vehículo, dous homes de preto de 40 anos. Un deles, en estado moi grave, foi trasladado ao hospital de Pontevedra e o outro constataron que estaba morto dentro do vehículo.

No que vai de abril levamos 28 falecidos nas estradas galegas. Entre os últimos está o un motorista que morreu ao chocar de fronte cun turismo no concello da Estrada. Acontecía na vía que une Ponteliñares coa Ponte Ledesma. A vítima era un home de 67 anos, un coñecido empresario da zona.

Tamén faleceu un home carbonizado en Arteixo. Tiña 82 anos e o seu coche bateu contra un noiro e prendeu lume. Ao parecer á vítima non lle deu tempo a fuxir das lapas. Falecía a escasos 30 metros da súa casa nunha estrada da parroquia de Armentón e a súa muller foi testemuña do accidente.

E a Policía Local de Poio está a investigar un accidente provocado por un coche autónomo de Tesla. A dona dixo que o vehículo circulaba no modo autopilotado cando bateu contra outro turismo que estaba estacionado na beiravía. Hai a sospeita de que o sinistro se debeu a un fallo electrónico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/04/2019