279 toneladas de mexillón xeraron 128 millóns de euros para Galicia en 2018
Publicado o 30/04/2019 20:20

Galicia produciu o ano pasado 279 toneladas de mexillóns.
A venda deste molusco xerou na nosa comunidade uns ingresos de 128 millóns de euros. Segundo a Consellería do Mar, a ausencia de marea vermella contribuíu a estes bos resultados. Tamén a demanda do produto dende o exterior. Sobre todo dende Francia e Italia. A maior parte da produción concentrouse na ría da Arousa, que ten o maior número de bateas.
Máis sobre actualidade
26/02/2021 15:52