CRTVG

Buscar

27 traballadores do Álvaro Cunqueiro que tiveran contacto cunha doente infectada dan negativo

Publicado o 14/08/2020 21:00

Dan negativo por segunda vez os 27 traballadores do hospital Álvaro Cunqueiro que permanecían illados no seu domicilio como medida preventiva. Estiveran en contacto cunha doente á que se lle detectou a infección nun preoperatorio despois de varios días ingresada en Neurocirurxía. As oito enfermeiras, once auxiliares e oito celadores que estiveron confinados poden volver ao traballo.

 

Noticias web

14/08/2020