CRTVG

Buscar

27 familias viguesas reclaman os danos causados por unha construtora na súa vivenda

Publicado o 05/11/2019 14:37

Despois dunha década de espera, 27 familias de Vigo recorren estes días á vía xudicial para reclamar que se reparen os danos nas súas vivendas causados polas obras de construción do edificio colindante.

Tamén reclaman unha indemnización moral, algunhas familias aínda non puideron regresar aos seus fogares.

Os acusados son a empesa construtora, a promotora, dous arquitectos, un aparellador, varias aseguradoras e empresas de escavación que interviñeron na obra. Os feitos ocorreron no 2010 cando tras o comezo dos traballos apareceu un gran burato no edificio afectado que obrigou ao desaloxo dos veciños por perigo de derruba. Seguírono gretas, afundimentos e estragos estruturais graves valorados en trescentos cincuenta mil euros. Este martes foi a quenda da declaración dos peritos, e a vista continuará mañá nos xulgados de Vigo.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019