CRTVG

Buscar

250 vivendas arderon en Valparaíso a causa do grande incendio que afecta a cidade chilena

Publicado o 27/12/2019 09:41

Arde a cidade chilena de Valparaíso tras un incendio que se cre foi intencionado. Polo menos hai 250 vivendas foron afectadas polo lume. As autoridades abriron unha investigación para esclarecer os feitos.

Para a súa extinción traballaron 25 brigadas forestais, doce compañías de bombeiros, sete avións cisternas e once helicópteros, e tamén participaron efectivos do Exército e a Armada.

Noticias web

27/12/2019