CRTVG

Buscar

25 provinicias españolas permanecen en alerta por risco de treboadas

Publicado o 08/07/2019 15:51

Unha ducia de comunidades permanecen en alerta por risco de treboadas, que poderían ser especialmente fortes na meseta e no Levante. No interior da Comunidade Valenciana as sarabiadas das últimas horas provocaron perdas nos cultivos e dificultades nalgunhas estradas.

A capital valenciana amenceu con ceos toldados, temperaturas por debaixo dos 30 graos e rúas molladas. Valencia é unha das 25 provincias en alerta por risco de treboadas, que é de nivel laranxa nalgunhas zonas da meseta, o Baixo Aragón e O Levante.

Pedras como garavanzos, e aínda máis grandes, deixaron as sarabiadas caídas durante as últimas horas sobre varias localidades do interior da Comunidade Valenciana.

A pedra afectou unhas 10.000 hectáreas de cultivos, sobre todo de vides, na zona Utile-Requena. Segundo a Asociación Valencina de Agricultores, os danos afectan entre o 40 e o 50 por cento da colleita de uva, améndoa, aceituna e cereais.A avaliación económica das perdas aínda tardará algúns días.

As treboadas deixáronse sentir tamén nas temperaturas. En Utiel os termómetros rexistraron unha drástica caída de 13 graos, pasando dos 33 aos 20 en menos de media hora.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/07/2019