CRTVG

Buscar

25 provincias españolas están en alerta amarela ou laranxa pola calor

Publicado o 26/06/2019 15:17

Madrid é unha máis das 25 provincias que este mércores está en risco, neste caso amarelo, por altas temperaturas. A vaga de calor chegou a España e fíxoo para quedar durante uns días.

A masa de aire cálido africano afecta dende o norte, Navarra ou Biscaia ata o sur, Sevilla, por exemplo. En Pamplona, menos acostumados, combaten a calor como poden.

En Biscaia, os que poden, tiran de praia e en Sevilla apuran para tapar con toldos algunhas das rúas máis emblemáticas. E como sempre nestas situacións quen máis as sofren son os que teñen que traballar ao aire libre. O verán acabado de comezar, seguro que aínda nos queda por pasar algunha vaga de calor máis.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/06/2019