CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

25 anos do atentado á embaixada de Israel en Arxentina

Publicado o 18/03/2017 21:33
E na Arxentina cúmprense 25 años do atentado á embaixada de Israel que deixou 29 mortos e máis de 200 feridos.
As vítimas volveron pedir verdade e xustiza para un ataque que a día de hoxe segue sen esclarecerse.

Ás tres menos dez da tarde, hora local arxentina, as alarmas voltaron soar fronte ó que fora a Embaixada de Israel en Bos Aires.
Nese mesmo lugar, o 17 de marzo de 1992, estourou un furgón cargado de explosivos que levou por diante a vida de 29 persoas e deixou 249 feridos.

Raúl Morera - Supervivente do atentado:"Yo estaba conversando con mi compañera, ella lamentablemente falleció y fue por segundos que hoy yo estoy acá. Y da como un escalofrío en todo el cuerpo".

Piden verdade e xustiza porque 25 anos despois o suceso segue impune.



A antiga sede diplomática israelí en Bos Aires é hoxe unha praza para a memoria con árbores en recuerdo das vítimas.

Dous anos despois, A Arxentina sufriría o peor atentado terrorista de Latinoamérica, o perpetrado contra á mutualista xudía AMIA, que deixou 85 mortos e marcou para sempre ós arxentinos.

Dende aquela, postes de formigón ou reixas coma estas protexen de novos ataques ós edificios dos colectivos xudeus do país.

En ambos ataques, as sospeitas recairon en Irán e no grupo terrorista Hezbollah.

Incluso a expresidenta arxentina, Cristina Fernández,está a ser investigada por encubrimento dos supostos autores iranianos do ataque contra a AMIA a cambio de acordos comerciais favorables.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí