CRTVG

Buscar

25 anos da morte de Delio Rodríguez

Publicado o 06/06/2019 18:01

Fai vinte e cinco anos da morte de Delio Rodríguez, o ciclista galego que gañou unha Volta a España e ten o récord de vitorias de etapa nesta carreira, trinta e nove.

Gañou infinidade de probas. Época de guerra. Un sprinter poderoso. Este sábado un grupo de admiradores de Delio Rodríguez farán unha das probas que Delio gañaba asiduamente, o Gran Premio Cifesa, trescentos cincuenta quilómetros de Madrid a Valencia.

Non será unha homenaxe calquera. Trátase de recrear a carreira máis longa da época de Delio Rodríguez, 350 quilómetros, nunhas condicións semellantes aos dos anos 30 e 40.

Delio gañou tres das catro edicións do Gran Premio Cifesa. Un premio que unía Madrid e Valencia pola antiga Nacional tres. Eran probas maratonianas nas que ademais os corredores debían facer a súa asistencia técnica.

Este sábado sairán dende Arganda del Rey dez corredores, outros uniranse no camiño ata chegar a Cheste.E todo para reivindicar a figura de Delio Rodríguez.

Vintecinco anos hai que faleceu. Pero o legado de Delio Rodríguez segue presente.


 

Noticias web

06/06/2019