25.000 persoas piden en Barcelona a anulación do xuízo do 'procés'
O final do xuízo puido verse en pantallas xigantes instaladas por Òmnium Cultural nas rúas de Barcelona. Unha vez ditado o visto para sentenza, desde as oito da tarde, milleiros de persoas, 25.000 segundo a Garda Urbana, concentráronse na praza de Cataluña para pedir a anulación deste xuízo.
A concentración estaba impulsada por JuntsperCatalunya, Esquerra, a CUP, Ómnium e a Asemblea Nacional Catalana, co apoio dos comúns.
David Bonvehí (PDeCAT): "Este xuízo é, desde o noso punto de vista, unha farsa, un xuízo de vulneración de dereitos fundamentais".
Ernest Maragall (ERC): "Constatamos unha dobre sensación: a terrible, a ingnominia, a do xuízo farsa, xuízo predecidido e, por outra banda, a da firmeza, da dignidade e do orgullo ao escoitar os nosos compañeiros".
Elisenda Paluzie (ANC): "O obxectivo desta xustiza vingativa é acabar co movemento independentista. Outras veces ao longo da historia, a represión política do Estado español non conseguiu o seu obxectivo e esta vez non será diferente".
O president Torra, que asistiu á derradeira sesión do xuízo, asegurou que o Estado español quere xulgar algo máis ca s líderes independentistas, que quere sentenciar o anhelo democrático de liberdade de todo un pobo e chamou a dar continuidade ao procés.