CRTVG

Buscar

23 millóns de contaxiados por coronavirus no mundo, segundo a Universidade Johns Hopkins

Publicado o 22/08/2020 16:13

Xa son case 23 millóns as persoas contaxiadas por coronavirus en todo o mundo, segundo os datos da Universidade Johns Hopkins, mentres que o número de mortos achégase aos 800.000.
Estados Unidos é o país con máis contaxios e máis falecidos. Máis de 5 millóns e medio de casos confirmados de covid-19 e 175.000 mortos.
A Organización Mundial da Saúde alertou este venres sobre a situación en México, onde se está subestimando a pandemia, mentres que o Perú está a un paso de ser o país coa maior taxa de mortalidade tras superar oficialmente os 27.000 falecidos.









 

Noticias web

22/08/2020