23 casos de covid nas residencias de maiores e 69 nos centros educativos, a metade que a semana pasada
Publicado o 13/10/2021 20:52

O xeriátrico de Brives, en Cambre, e o de Sanitas Residencial da Coruña suman 22 dos 23 casos de covid que hai agora nos centros asistenciais de toda Galicia, un máis que hai unha semana.
Como cada mércores tamén se actualizaron os datos en centros escolares onde mellora a situación. Xa non hai ningún neno contaxiado nas escolas infantís. Nos colexios e institutos están pechadas cinco aulas por 69 casos de covid, a metade que hai unha semana.