CRTVG

Buscar

Nova edición do campionato de futbolín de Rábade

Publicado o 20/04/2019 21:31

Menos das Canarias, neste campionato hai participantes de todas as comunidades.
Participan máis homes ca mulleres. Esta catalá ten o segredo para xogar ben.

Dispútanse tres categorías: movemento, combinado e parado. Guzmán gañou a de combinado.

O primeiro futbolín chegou a Rábade no ano 52.

O número de participantes medra cada edición. Cada ano amplíase o espazo necesario. Esta edición necesitaron un pavillón e dous bares para acoller 22 futbolíns. Alejandro Fisterra estaría fachendoso do poder de convocatoria do seu invento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/04/2019