CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

22 centros tecnolóxicos de Galicia e o norte de Portugal súmanse ao programa Iacobus de intercambio

Publicado o 14/09/2018 14:53

22 centros tecnolóxicos de Galicia e o norte de Portugal incorpóranse ao programa Iacobus.

Dende hai cinco anos este programa vén permitindo o intercambio de docentes e investigadores entre os dous territorios da eurorrexión. Na próxima, que será a sexta edición, vanse incorporar institucións como Centro Tecnolóxico do Mar ou o da Automoción de Galicia, representando sectores estratéxicos da nosa economía.

Na sinatura do convenio, no Porto, o vicepresidente da Xunta destacou que a cooperación entre Galicia e o norte de Portugal ten uns piares moi firmes que sitúan moi ben a eurorrexión para o futuro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí