CRTVG

Buscar

'21 días co galego', unha iniciativa que naceu no IES da Pobra e xa se estende ás catro provincias

Publicado o 14/01/2019 16:14

21 días que empezan a contar hoxe cun grande obxectivo. '21 días co galego' é unha iniciativa desta profesora que se desenvolve desde hai seis anos, cada curso, no instituto da Pobra do Caramiñal, a través dun blog. Neste 2019 dá un paso máis e esténdese a catro centros das catro provincias galegas. Como este da Pontepedriña, en Santiago, co alumnado totalmente implicado.

É precisamente nesta fraixa de idade onde se detectan algunhas das maiores ameazas para o futuro da lingua. Saben escriilo, lelo e falalo, pero non o fan.

Porque a vitalidade da súa lingua, en palabras do presidente da Real Academia Galega durante o acto, mide a a dignidade dun pobo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/01/2019