CRTVG

Buscar

Un colexio de Vigo contabiliza 21 casos activos de covid-19

Publicado o 29/04/2021 13:26

O colexio Bouza Brey de Vigo dá case por pechado o control da crise sanitaria que comezou a pasada semana. O primeiro en atoparse mal e dar positivo en PCR foi o profesor de inglés que imparte clases en primaria e infantil. As clases de infantil pecháronse por protocolo porque estes nenos van sen máscara e non están obrigados a respectar a distancia social.

Malia todo, no centro aínda quedan vinte e unha persoas infectadas. A finais da semana pasada os profesores e alumnos foron convocados a un cribado. A suspensión da vacina de Astra aos profesores deixou sen inmunizar a maioría dos docentes deste colexio. Na área de Vigo este colexio, con 21, é o máis afectado, seguido do IES San Paio de Tui con 10 casos.