CRTVG

Buscar

A causa da pandemia, 2020 é o ano con máis mortes desde que hai rexistros en España

Publicado o 13/01/2021 08:45

O coronavirus levou moitas vidas, e as cifras así o testemuñan. O ano 2020 converteuse xa no ano con máis falecementos en España desde que hai rexistros.

Houbo unha notable sobremortalidade: contabilizáronse máis de 70.700 mortes a maiores das previstas. O 63 por cento dos decesos coincidiron coa primeira vaga e o resto tiveron lugar entre xullo e decembro, cando se produciu a segunda.

España figura entre os países con máis exceso de mortalidade de Europa polo impacto da covid-19 na poboación maior.

Noticias web

13/01/2021